As mulleres do noso Nadal 🎄
Para celebrar o fin do primeiro trimestre e a chegada do Nadal, propuxemos ao alumnado unha actividade, en colaboración co Equipo de Biblioteca: un calendario de advento 🗓 con citas de mulleres relevantes na historia, especialmente do panorama galego. Así pois, nomes como o da científica Marisol Soengas, a médico María Rosaura Lois Trabazo, a escritora e xornalista Concepción Arenal, as poetas Xela Arias e Rosalía de Castro ou a artesá Elena Ferro sucedéronse entre as mans do noso alumnado, que lía e coñecía as súas citas arredor das disciplinas que colleitaron ao tempo que recollían pequenos agasallos de Nadal. Deixámosvos aquí algunhas imaxes desta experiencia que seguramente repetiremos en vindeiros cursos! ...