Argallando contra a violencia 💜
Os clubs de lectura dos Argallantes das Letras participaron nun microproxecto fronte á violencia de xénero, en colaboración coa biblioteca do centro, durante as semanas previas ao 25N. Así pois, nestas reunións de novembro leron poemas de autores como Marta Dacosta, Carlos Negro ou Olga Novo que lles fixeron reflexionar sobre que é a igualdade, que persegue, onde comeza e remata a liberdade individual e por que precisamos unha sociedade máis xusta e respectuosa, sen importar o xénero das persoas nin as súas escollas.
Logo desta reflexión, houbo tamén un proceso de búsqueda de información en fontes oficiais arredor dos casos de violencia de xénero que azoutaron as sociedades galega e españolas neste 2025. Con estes datos elaboráronse carteis con titulares que recollían as informacións principais e que pretendían impactar coa súa lectura. A biblioteca do IES serviu como espazo de exposición dos mesmos, a carón dos carteis elaborados na materia de Educación Plástica e Visual.
Todas estas tarefas leváronnos a reflexións sobre micromachismos que ás veces reproducimos sen darnos de conta, como poden ser os piropos. O alumnado conversou sobre como diferenciar un piropo dun cumprido e, especialmente as nenas dos clubs, indicaron que comentarios e situacións as facían sentir tensas, en perigo ou con medo.
Foron xornadas de traballo e reflexión moi gratificantes nas que aprendemos comunicándonos entre nós, escoitándonos e entendendo o porqué da necesidade dunha mocidade feminista e activa nesta loita común💪





Comentarios
Publicar un comentario