A muller invisible 🙋
O alumnado de 3º ESO, con motivo da conmemoración do 8M, traballou, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, co texto A muller invisible, autoría de Caroline Criado Pérez. A través del, reflexionaron sobre a escasa presenza feminina na investigación científica. Exemplo disto é o feito de que a maioría das pesquisas versan sobre o corpo masculino, mesmo en cuestións reprodutivas. Outros casos sinalados pola autora son os das enfermidades cardiovasculares ou o VIH, a pesar de que máis da metade da poboación con esta doenza é feminina. Botádelle unha ollada ao texto aquí!: 👇