Obradoiro de elaboraci贸n de manifesto feminista馃搼馃枊

 A semana do 25 de novembro, o equipo de biblioteca organizou un pequeno taller para redactar un manifesto feminista que se ler铆a no acto reivindicativo convocado polo centro o 25 de novembro, antes do recreo. 

Neste obradoiro participaron 3 rapazas de 2潞 ESO que ti帽an moi claras as s煤as denuncias: fronte 谩 violencia contra a muller, por unha infancia digna sen necesidade de mudar a vida por completo coa chegada da adolescencia, coa axuda dos seus compa帽eiros rapaces e a favor dun reconto real das v铆timas, falecidas e non. Tam茅n abriron espazo de reflexi贸n sobre o uso e impacto que as redes te帽en entre a rapazada en relaci贸n con tem谩ticas como o desprestixio e minorizaci贸n das figuras femininas, nun tempo no que semellaba que iso deber铆a de estar xa superado, pois os e as adolescentes de hoxe en d铆a te帽en un maior acceso 谩 informaci贸n que noutras 茅pocas, pero son espectadores de esc谩ndalos en materia de violencia de x茅nero nos c铆rculos das personalidades que te帽en como referentes. 

Emma, Elena e L铆a quixeron deixar claro que 谩 violencia hai que facerlle fronte actuando como unha sociedade unida e rompendo a polarizaci贸n que semella apoderarse do noso mundo actual, unha cuesti贸n que as preocupa. Tam茅n reivindicaron liberdade para sa铆r sen medo 谩 r煤a e para seguiren sendo as nenas que non queren deixar de ser: un berro de solidariedade e mans tendidas cara ao consenso, a axuda e o coidado mutuo✋馃挏馃攰

GRAZAS, RAPAZAS, POR COMPARTIRNOS AS VOSAS IDEAS PARA UNHA SOCIEDADE MELLOR! 

                               




Comentarios

Publicaci贸ns populares deste blog

Que non te l铆en, ti elixes!

Como xestionamos as parellas?