Que non te líen, ti elixes!

Continuando coa semana do 25N, o alumnado de 3º e 4º da ESO desfrutou da participación do noso IES no programa Que non te líen. Ti elixes. Esta iniciativa pretende ofrecer unha orientación laboral que fuxa dos prexuízos de xénero e permita escoller libremente sen valoracións baseadas en concepcións sociais erróneas que afectan, en especial, ás mulleres, á hora de escoller a súa formación profesional. 

Nestas sesións que compartiron co noso alumnado centráronse na presenza de mulleres no sector metalúrxico, tradicionalmente masculino, achegando á rapazada a realidade actual: cada vez máis mulleres se incorporan a este sector, se ben seguen sendo minoría. É por iso que traballaron arredor dos estereotipos de xénero, as condicións laborais e a representación feminina e o coñecemento de nomes nestes sectores. 

Foi unha xornada de reflexión e esperanza de cambio futuro! ✨





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Obradoiro de elaboración de manifesto feminista📑🖋

Como xestionamos as parellas?