Concurso de carteis 25N 💜

Nas dúas últimas semanas de novembro, o Departamento de EPVA, xunto co Equipo de Biblioteca, convocou no noso IES un concurso de cartelería fronte á violencia de xénero, con motivo da conmemoración do 25N. O alumnado elaborou cadanseus carteis para seren expostos posteriormente na biblioteca do centro, que acolleu tamén alí o Punto Violeta do Concello das Pontes, onde o alumnado se puido informar sobre diferentes cuestións en relación con esta temática e onde tamén realizou obradoiros da man de dúas psicólogas expertas na materia.

As premiadas no certame de carteis recibiron sendos diplomas acreditativos e vales para a cafetería do IES. Ademais, grazas ás ferramentas do noso #PoloCreativo, tamén puideron desfrutar dun novidoso premio: un chaveiro co símbolo feminista e o logo do noso IES. Aquí vos deixamos imaxes dos carteis e das gañadoras, parabéns, rapazas! 



Imaxe das gañadoras do concurso de carteis: 
1º PREMIO: Ana García e Kinga Prieto (3º ESO)
2º PREMIO: Adriana Castro (1º ESO)
3º PREMIO: Noa Mirad (3º ESO)


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Obradoiro de elaboración de manifesto feminista📑🖋

Que non te líen, ti elixes!

Como xestionamos as parellas?