As mulleres do noso Nadal 🎄

Para celebrar o fin do primeiro trimestre e a chegada do Nadal, propuxemos ao alumnado unha actividade, en colaboración co Equipo de Biblioteca: un calendario de advento 🗓 con citas de mulleres relevantes na historia, especialmente do panorama galego. Así pois, nomes como o da científica Marisol Soengas, a médico María Rosaura Lois Trabazo, a escritora e xornalista Concepción Arenal, as poetas Xela Arias e Rosalía de Castro ou a artesá Elena Ferro sucedéronse entre as mans do noso alumnado, que lía e coñecía as súas citas arredor das disciplinas que colleitaron ao tempo que recollían pequenos agasallos de Nadal. 

Deixámosvos aquí algunhas imaxes desta experiencia que seguramente repetiremos en vindeiros cursos! 


                             




  


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Obradoiro de elaboración de manifesto feminista📑🖋

Que non te líen, ti elixes!

Sumámonos ao 25N!💜💪