"O machismo é violencia"
O venres 11 de abril a biblioteca do noso IES acolleu un obradoiro pioneiro baseado na sensibilización contra a Violencia de Xénero. O alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha conversa con mulleres vítimas desta lacra da nosa sociedade, que compartiron cos rapaces e rapazas as súas experiencias e consellos para evitar que se vexan en situacións desta índole e, de ser o caso, saberen como saír delas.
Esta actividade estivo promovida pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, da Xunta de Galicia e tivemos o privilexio de que botara a andar con nós! 💪💜



Comentarios
Publicar un comentario