Como xestionamos as parellas?

O día 26 de maio o alumnado de 3º e 4º ESO tivo a oportunidade de gozar dun obradoiro sobre as relacións de parella e como as configuramos xa desde a mocidade. Nesta actividade revisaron aquilo que lles chama a atención e que procuran nunha parella e reflexionaron sobre os límites que adoitan establecer nestes contextos para desenvolver relacións sás e igualitarias. Ademais, analizaron algúns dos mitos do amor romántico e dos programas de televisión que os perpetúan, para rematar facer un coloquio, por grupos, arredor de cuestións en relación con esta temática. 

E ti, constrúes relacións baseadas na igualdade? 
 







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Obradoiro de elaboración de manifesto feminista📑🖋

Que non te líen, ti elixes!