Irmandiñas esquecidas
Durante o mes de novembro, o alumnado de 4º ESO achegouse ás Irmandades da Fala e o Grupo Nós, dúas entidades que traballaron a prol da dignificación e revitalización da cultura, lingua e literatura galegas. Así e todo, as figuras máis destacadas son as dos homes, con nomes como Cabanillas, Castelao, Risco, Pedrayo... Con todo, tamén houbo mulleres con implicación nestes labores políticos, sociais e culturais na Galiza do primeiro terzo do S.XX.
É por iso que a rapazada elaborou uns currículos sobre algunhas destas figuras esquecidas a fin de visibilizar o seu traballo e recoller os seus nomes nas páxinas da historia, axudando a crear unha memoria colectiva na que a muller non queda no esquecemento.
Botádelle un ollo a algunhas destas producións!👀👏





Comentarios
Publicar un comentario