Alegatos das mulleres galegas
Nesta primeira avaliación, o alumnado de 2º ESO achegouse aos textos argumentativos e puxo en práctica as súas aprendizaxes co microproxecto Alegatos das mulleres galegas. O seu obxectivo era procurar unha figura feminina que destacara nun eido determinado e explicar por que debiamos de coñecer o seu labor e reivindicalo co paso do tempo.
Moitas destas mulleres eran descoñecidas para eles, polo que tamén lles serviu para rescatar nomes esquecidos da nosa historia. Algunhas delas, como María Pita ou María Luz Morales, foron as claras favoritas da rapazada, aínda que tamén houbo espazo para deportistas que continúan hoxe colleitando éxitos!
Aquí vos deixamos algunhas das creacións👀👏
_page-0001.jpg)
_page-0001.jpg)
.png)
_page-0001.jpg)
_page-0001.jpg)
_page-0001.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario