Benvida ao proxecto
Benvid@s ao Castro da Igualdade!
A creación deste espazo de publicacións vencéllase ao Plan Proxecta Donas de si, unha liña incorporada no noso centro, o IES Plurilingüe Castro da Uz, desde o curso 2024/25. O noso obxectivo é traballar en materia de igualdade, empoderamento feminino e visibilización dun colectivo social que aínda hoxe está a atopar dificultades para desenvolverse en condicións parellas ao masculino.
É por iso que abordaremos un enfoque interdisciplinar e transversal para achegarnos a aprendizaxes desta índole a través de diferentes actividades, coas que o alumnado poderá reflexionar e desbotar prexuízos, a fin de medrar e construír unha sociedade máis tolerante e respectuosa. O futuro é seu!
Neste blog poderedes atopar resumos do traballo que iremos realizando nesta liña ao longo do curso. Acompañádenos e desfrutade da viaxe polo noso Castro, o da Igualdade!
![]() |
| Logotipo do noso proxecto |

Comentarios
Publicar un comentario