Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

Como xestionamos as parellas?

Imaxe
O día 26 de maio o alumnado de 3º e 4º ESO tivo a oportunidade de gozar dun obradoiro sobre as relacións de parella e como as configuramos xa desde a mocidade. Nesta actividade revisaron aquilo que lles chama a atención e que procuran nunha parella e reflexionaron sobre os límites que adoitan establecer nestes contextos para desenvolver relacións sás e igualitarias. Ademais, analizaron algúns dos mitos do amor romántico e dos programas de televisión que os perpetúan, para rematar facer un coloquio, por grupos, arredor de cuestións en relación con esta temática.  E ti, constrúes relacións baseadas na igualdade?   

"O machismo é violencia"

Imaxe
O venres 11 de abril a biblioteca do noso IES acolleu un obradoiro pioneiro baseado na sensibilización contra a Violencia de Xénero. O alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha conversa con mulleres vítimas desta lacra da nosa sociedade, que compartiron cos rapaces e rapazas as súas experiencias e consellos para evitar que se vexan en situacións desta índole e, de ser o caso, saberen como saír delas.  Esta actividade estivo promovida pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, da Xunta de Galicia e tivemos o privilexio de que botara a andar con nós! 💪💜