Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Bruxería ou bioloxía? 🔮

Imaxe
Na véspera de Samaín, o alumnado de 4° ESO achegouse ás orixes da bruxería e da caza de bruxas desde un punto de vista biolóxico. Así, descubriu algúns dos motivos polos que se levou a cabo esta práctica discriminatoria durante longos períodos da nosa historia, moitas veces motivada por algunhas síndromes que afectaban ás vítimas e que a sociedade mesmo descoñecía.  Aproveitamos o Samaín para coñecer os erros do pasado a fin de non repetilos, botando man da ciencia! 🌌  

Novo curso, novas iniciativas!

Imaxe
Comenzamos o curso 25/26 con novas actividades a prol da visibilización do traballo feminino en diferentes eidos.  Desde o Equipo de Biblioteca propuxeron, para a semana das escritoras (13-17 de outubro) un achegamento á obra das mulleres que aínda hoxen nos ceden a súa voz e palabra para facernos rir, pensar, imaxinar e reflexionar, entre outras emocións 💭. Ademais, creouse un expositor con libros da biblio para lembrar algunhas destas figuras e animar ao alumnado a adentrarse nas súas creacións.  Un percorrido polo seu traballo, a honrar! 📖