Mulleres ás letras! 🎶
Co gallo da celebración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e á música tradicional que elas nos transmitiron e preservaron, o IESP Castro da Uz dinamizou varias actividades entre o seu alumnado. Unha delas foi o traballo de recollida e investigación na contorna para atopar figuras femininas que manteñen hoxe en día a tradición oral popular a través de asociacións de proximidade. O resultado das súas pesquisas tivo como froito a elaboración dunhas fichas nas que presentaron mulleres do seu concello e limítrofes, moitas veces nais, avoas, tías e mesmo algunha profe que dedican parte do seu lecer á música tradicional galega. Con elas pechamos este curso de traballo a prol da igualdade e a visibilización da muller. Agardamos xa polo seguinte para continuar promovendo estes valores entre o noso alumnado! 🌊🌞